Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 25 de xuño de 2013 Páx. 24792

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de licitación (S-1/2013).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Subministracións. b) Número de expediente: S-1/2013.

2. Obxecto do contrato: subministración por lotes de enerxía eléctrica en baixa e media tensión do Concello da Coruña.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto con diversos criterios de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación:

Lote nº 1: 859.943,70 €, IVE incluído.

Lote nº 2: 3.805.550,83 €, IVE incluído.

Lote nº 3: 1.635.278,62 €, IVE incluido.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6.Obtención de documentación: web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Correo electrónico: suministros@coruna.es d) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: ata o día 3 de xullo de 2013; finalizará ás 13.00 horas. b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase o punto 6. b) Data e hora: publicarase no taboleiro de anuncios de contratación e/ou no perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 29 de maio de 2013

Rosa Mª Gallego Neira
Tenente de alcalde de Contratación