Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 21 de xuño de 2013 Páx. 24308

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión de varios postos de persoal licenciado sanitario (xefatura de servizo e xefatura de unidade de Atención Primaria).

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG nº 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, o xerente da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de libre designación, varios postos de persoal licenciado sanitario (xefatura de servizo e xefatura de unidade de Atención Primaria).

Segundo. As retribucións dos postos ofertados serán as que correspondan de acordo coa orde pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica vixente.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse, preferentemente, no Rexistro de Entrada da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, sito na rúa Rosalía Castro, 21-23, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios de Atención Primaria de Vigo, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Vigo, 22 de maio de 2013

Mario González González
Xerente de Xestión Integrada de Vigo

ANEXO

Xefe de servizo de Atención Primaria de Coia.

Xefe de unidade de Atención Primaria de Tomiño.