Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 21 de xuño de 2013 Páx. 24306

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de coordinador/a de servizo de Atención Primaria para cubrir por persoal diplomado sanitario.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de coordinador/a de servizo de Atención Primaria, mediante Resolución do 2 de abril de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, publicada no DOG do 26 de abril de 2013, á vista das solicitudes e méritos acreditados polos aspirantes ao posto, esta directora, en exercicio de competencia delegada no artigo 5 da Orde do 5 de xullo de 2012, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e en cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVO:

Adxudicarlle o posto á solicitante que se indica no anexo desta resolución.

A adxudicataria deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación desta resolución.

A toma de posesión será dentro dos prazos previstos nas bases da convocatoria.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante a directora de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes desde a súa publicación, conforme o disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro).

Ourense, 16 de maio de 2013

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Posto: coordinador/a de servizo de Atención Primaria (SAP) de Bande.

Adxudicataria: Rosa María Lage Fontarigo, DNI 34919571-M.