Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 21 de xuño de 2013 Páx. 24310

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión de diversas prazas de supervisor/a de unidade da dita xerencia.

Convocada por Resolución do 1 de febreiro de 2013 (DOG nº 39, do 25 de febreiro), a provisión de diversas prazas de supervisor/a de unidade da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG nº 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, o xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de diversas prazas de supervisor/a de unidade da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, convocada por Resolución do 1 de febreiro de 2013 (DOG nº 39, do 25 de febreiro).

Segundo. Nomear, para os postos que se indican, as persoas citadas no anexo desta resolución.

Terceiro. De conformidade coa base décima da convocatoria, o candidato nomeado será avaliado, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño da xefatura, por idéntico período, ou proceder á súa remoción.

Cuarto. O aspirante seleccionado deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución do Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza de-sempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrito ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo, e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Contra esta resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e a Lei 25/2009, do 22 de decembro, recurso de alzada, perante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2013

Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela

ANEXO

Posto: supervisora da Unidade de Quirófano do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: María Ángeles Villanustre Gey.

DNI: 76514185-Q.

Posto: supervisora da Unidade de Radioloxía do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: María Isabel Turnes Cordeiro.

DNI: 78793421-K.

Posto: supervisor da Unidade de Consultas Externas do Hospital de Conxo.

Apelidos e nome: Alfonso Tourís Nogueira.

DNI: 35429589-K.

Posto: supervisor da Unidade de Esterilización-UCA do Hospital de Conxo.

Apelidos e nome: María Esther García Carbia.

DNI: 33258123-P.

Posto: supervisor da Unidade de UPIA do Hospital de Conxo.

Apelidos e nome: María Isabel Alberte Varela.

DNI: 35313016-N.