Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Xoves, 20 de xuño de 2013 Páx. 24085

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Manzaneda

ANUNCIO de información pública relativo a unha fábrica de embutidos en Rozavales.

Nas dependencias do Concello de Manzaneda tramítase o expediente URB 2012-20 de concesión de licenza de apertura para a seguinte:

Actividade: fábrica artesanal de embutidos.

Situación: As Carreiras, s/n, Rozavales, Manzaneda.

Solicitante: Olga Rodríguez Gabriel.

E en cumprimento do determinado no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, sobre avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública durante un prazo de vinte (20) días.

Manzaneda, 16 de maio de 2013

David Rodríguez Estévez
Alcalde