Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Xoves, 20 de xuño de 2013 Páx. 24086

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de información pública (expedientes 40149/422, 40104/422 e 40215/422).

As entidades que se citan solicitaron da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo licenzas urbanísticas para as actividades e nos lugares que a seguir se indican:

1. Solicitante: Servicios Eléctricos y Reparaciones Vigo, S.L.L. Actividade: reparación de motores eléctricos. Enderezo: rúa Ramiro Pascual, nº 15. Expediente: 40149/422.

2. Solicitante: Galmotor Comercial del Automóvil, S.L. Actividade: exposición e venda de automóbiles. Enderezo: estrada Camposancos, nº 113. Expediente: 40104/422.

3. Solicitante: Saint-Gobain Idaplac, S.L. Actividade: almacenamento e comercio por xunto de materiais de construción. Enderezo: camiño da Raposeira, nº 14 A. Expediente: 40215/422.

De conformidade co artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométense os expedientes a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, BOP e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primero anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio. Os expedientes atópanse á disposición do público en xeral e pódense consultar na oficina de Arquivo e Control da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta 1 do Edificio da Xerencia, sito na praza do Rei, 4, Vigo).

Vigo, 10 de maio de 2013

Mª del Carmen Silva Rego
Delegada da Área de Urbanismo, Cascos Históricos,
Grandes Proxectos e Patrimonio