Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Xoves, 20 de xuño de 2013 Páx. 24087

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de aprobación do cambio do uso dotacional previsto para a parcela do Parque Central de Bombeiros en Teis (expediente 14085/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión ordinaria do día 29 de abril de 2013, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar, ao abeiro do disposto no artigo 47.4 da Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (Louga), o cambio de uso dotacional clase Administración Pública, previsto polo PXOM/08 para a parcela municipal número 000123, sita na rúa Ángel de Lema y Marina, nº 46 (Teis), na que se situa o Parque Central de Bombeiros, polo uso dotacional clase servizo Público.

Segundo. Publicar este acordo no BOP e no DOG e notificalo, para o seu coñecemento, á Oficina de Patrimonio, á Área de Seguridade, Mobilidade e Xestión Municipal así como ao Servizo de Cartografía, á Oficina de Proxectos Municipais, á Oficina de Planeamento-Xestión, á Oficina de Intervención Urbanística e á Información da Xerencia Municipal de Urbanismo.

Terceiro. Remitir o presente acordo, xunto con dúas copias debidamente dilixenciadas do aprobado, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, para o seu coñecemento e efectos. No anuncio de aprobación, referido no punto dispositivo segundo deste acordo, farase constar esta remisión».

O acto de aprobación do citado cambio de uso dotacional foi comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas con data do 13 de maio de 2013.

Vigo, 13 de maio de 2013

P.D. (Resolución do 8.2.2013)
María del Carmen Silva Rego
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo