Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Xoves, 20 de xuño de 2013 Páx. 24088

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación, por procedemento aberto, do arrendamento, conservación e limpeza do equipamento de uniformidade de intervención para o Servizo de Bombeiros deste concello.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Servizo de Bombeiros. Nº expediente 893/440.

2. Obxecto do contrato: descrición: arrendamento, conservación e limpeza do equipamento de uniformidade de intervención para o Servizo de Bombeiros. División por lotes: non.

Lugar de entrega: segundo os tipos de roupa, estas serán entregadas nos lugares que se relacionan a continuación: 1. Parque Central de Bombeiros de Teis. 2. Parque Auxiliar de Bombeiros de Balaídos: Estadio de Balaídos.

Prazo de execución: catro anos.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 479.994,16 euros.

5. Garantías provisionais: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante); teléfono: 986 81 01 48; fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presen-tación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se exixe. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a exixida no prego de cláusulas administrativas particulares e nas follas de expecificacións do contrato.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará o día 19 de xullo de 2013.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 10 de xuño de 2013

Raquel Díaz Vázquez
Concelleira delegada de Patrimonio e Contratación