Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Xoves, 20 de xuño de 2013 Páx. 24090

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación, por procedemento aberto, da subministración de enerxía eléctrica en baixa e media tensión para as instalacións electromecánicas deste concello.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Área de Fomento. Servizos Enerxéticos. Nº expediente 14694-444.

2. Obxecto do contrato: descrición: subministración de enerxía eléctrica en baixa e media tensión para as distintas instalacións electromecánicas do Concello de Vigo. División por lotes: non.

Lugar de entrega: Concello de Vigo.

Prazo de execución: un ano.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 4.607.509,40 euros.

5. Garantías provisionais: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante); teléfono: 986 81 01 48; fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presen-tación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se exixe. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a exixida no prego de cláusulas administrativas particulares e nas follas de expecificacións do contrato.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará o día 26 de xullo de 2013.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo; praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 11 de xuño de 2013

Raquel Díaz Vázquez
Concelleira delegada de Patrimonio e Contratación