Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Xoves, 20 de xuño de 2013 Páx. 24084

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Guarda

ANUNCIO de información pública relativo a un taller de motocicletas na estrada do Castro.

Rubén Otero Costa solicitou desta alcaldía licenza de actividade para taller de motocicletas, sito na estrada do Castro, nº 76, baixo, deste municipio.

En cumprimento do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, e no trámite de información pública, exponse a dita solicitude por un período de 20 días hábiles mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletin Oficial da provincia, contados a partir da última publicación, para que os que se consideren afectados dalgunha maneira pola actividade que se pretende establecer poidan alegar o que consideren oportuno.

O expediente atópase de manifesto e pode consultarse en horas de oficina de luns a venres, das 9.00 ás 13.00 horas, na Secretaría do Concello.

A Guarda, 23 de maio de 2013

José Manuel Domínguez Freitas
Alcalde