Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Xoves, 20 de xuño de 2013 Páx. 24083

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballeda de Avia

ANUNCIO de información pública da modificación puntual do PXOM relativa á delimitación do núcleo do Cando.

Aprobada inicialmente polo Pleno deste concello a modificación puntual do PXOM relativa á delimitación do núcleo do Cando, en sesión extraordinaria celebrada o día 11 de xuño de 2013, de conformidade co disposto na Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o expediente a información pública na Secretaría Municipal, durante o prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os interesados poidan presentar as alegacións e reclamacións que coiden oportunas.

Carballeda de Avia, 12 de xuño de 2013

Luis Milia Méndez
Alcalde