Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Xoves, 20 de xuño de 2013 Páx. 24017

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 4 de xuño de 2013, da Área de Recadación, polo que se relacionan reintegros de execución de avais do Igape pendentes de notificar e se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia (Industrias Carballo para la Tecnología del Mueble, S.A. e Creaciones Toypes, S.L.).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei xeral tributaria 58/2003, do 17 de decembro, relaciónanse reintegros de execución de avais do Igape pendentes de notificar, despois de intentadas as notificacións persoais, e emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Departamento Central de Recadación en aplicación do establecido no punto 2.3. do artigo 20 do Decreto 307/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Servizo Central de Recadación, con enderezo na rúa Pastoriza 8, 4º, 15781, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2013

Matías Alonso del Campo
Xefe da Área de Recadación

ANEXO

Interesados

CIF

Enderezo

Liquidación

Importe

Industrias Carballo para la Tecnología del Mueble, S.A.

A36397990

Lg. Vilanoviña, 48, Paradela

36637 Meis-Pontevedra

500130013523

664.989,49 €

Creaciones Toypes, S.L.

B36021723

Corredoira, s/n

36510 Lalín-Pontevedra

500130013970

863.904,46 €