Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Xoves, 20 de xuño de 2013 Páx. 24018

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 4 de xuño de 2013, da Área de Recadación, polo que se relacionan reintegros e xuros de axudas e subvencións pendentes de notificar e se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia (Aarab, Bouzian e Federación Empresarial de Carpintería e Ebanistería).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei xeral tributaria 58/2003, do 17 de decembro, relaciónanse reintegros e xuros de axudas e subvencións pendentes de notificar, despois de intentadas as notificacións persoais, e emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Departamento Central de Recadación en aplicación do establecido no punto 2.3. do artigo 20 do Decreto 307/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Departamento Central de Recadación, con enderezo na rúa Pastoriza 8, 4º, 15781, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2013

Matías Alonso del Campo
Xefe da Área de Recadación

ANEXO

Interesado

CIF

Enderezo

Liquidacións

Importe

Aarab, Bouzian

X1336228C

Cl. Virgen de la Palma, 18 1ª

11300 La Línea de la Concepción-Cádiz

500130016038

500130016039

10.500,00 €

1.260.92 €

Federación Empresarial de Carpintería e Ebanistería

G15293434

Praza de Mina, 1, 3º esq.

15003 A Coruña

500130012696

500130012698

344,20 €

65,00 €