Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Xoves, 20 de xuño de 2013 Páx. 24016

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 4 de xuño de 2013, da Área de Recadación, polo que se relaciona requirimento de documentación en relación coa solicitude de aprazamento/fraccionamento pendente de notificar e se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia (Sweet Boats, S.L.).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei xeral tributaria 58/2003, do 17 de decembro, relaciónase requirimento de documentación en relación coa solicitude de aprazamento/fraccionamento pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal, e emprázase o interesado que figura no anexo para ser notificado por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Departamento Central de Recadación en aplicación do establecido no punto 2.3. do artigo 20 do Decreto 307/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Departamento Central de Recadación, con enderezo na rúa Pastoriza 8, 4º, 15781, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2013

Matías Alonso del Campo
Xefe da Área de Recadación

ANEXO

Interesado

NIF

Enderezo

Providencia

Sweet Boats, S.L.

B70241427

Porto deportivo de Sada, s/n

15160 Sada-A Coruña

12790406651