Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Mércores, 19 de xuño de 2013 Páx. 23798

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

CÉDULA do 3 de xuño de 2013 pola que se fai pública a relación de resolucións relativas aos expedientes de avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento ao labor docente e ao complemento de recoñecemento ao labor investigador, relativas á convocatoria publicada a través da Resolución do 28 de setembro de 2012 (DOG do 2 de novembro).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), faise pública a relación de resolucións relativas aos expedientes de avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento ao labor docente e ao complemento de recoñecemento ao labor investigador, relativa á convocatoria publicada a través da Resolución do 28 de setembro de 2012 (DOG do 2 de novembro), xa que tras intentar a súa notificación no domicilio indicado polo/a interesado/a non se puido practicar. Estas resolucións foron ditadas polo presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA) da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, en virtude das competencias que ten atribuídas nos estatutos da ACSUG aprobados pola Resolución do 10 de decembro de 2008 (DOG do 20 de xaneiro de 2009).

As persoas citadas no anexo deberán comparecer persoalmente ou debidamente representadas, no prazo de dez días contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, na sede da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (5º andar do CIFP Compostela, rúa Lamas de Abade, s/n, 15702 Santiago de Compostela), para ter coñecemento do contido das resolucións e deixar constancia da notificación destas. Advírtese que, en caso de non comparecer no prazo indicado, se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.

As citadas resolucións poñen fin á vía administrativa e poderán ser impugnadas directamente na vía contencioso-administrativa, de conformidade co artigo 25 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2013

Miguel A. Santos Rego
Presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación

ANEXO

Nome

Identificación

Expediente

Ángel Rodríguez Gallardo

00806109M

85/1-12/B-/43/CLD

86/1-12/B-/43/CLI

Patricia Silvia Mascuñán Tolón

24193657A

124/1-12/B-/62/CLD

Purificación Mayobre Rodríguez

32398431X

127/1-12/B-/64/CLD

128/1-12/B-/64/CLI

Ana Iglesias Galdo

32635700B

199/1-12/B-/100/CLD

200/1-12/B-/100/CLI