Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Mércores, 19 de xuño de 2013 Páx. 23800

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

CÉDULA do 3 de xuño de 2013 pola que se fai pública unha relación de resolucións relativas aos expedientes da convocatoria publicada a través da Resolución do 28 de setembro de 2012 (DOG do 15 de novembro) correspondente ao complemento de recoñecemento polos cargos de xestión.

De conformidade co disposto nos artigos 59.4 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), faise pública a relación de resolucións relativas á convocatoria publicada a través da Resolución do 10 de novembro de 2012 (DOG do 15 de novembro) correspondente á avaliación previa ao complemento de recoñecemento polos cargos de xestión xa que, intentada a súa notificación no domicilio indicado polos interesados, non se puido efectuar. Estas resolucións foron ditadas polo presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación, en virtude das competencias atribuídas no artigo 22 dos estatutos da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia aprobados por Resolución do 10 de decembro de 2008 (DOG do 20 de xaneiro de 2009).

As persoas citadas no anexo deberán comparecer persoalmente ou debidamente representadas, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, na sede da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (5º andar do CIFP Compostela, rúa Lamas de Abade, s/n, 15702 Santiago de Compostela), para ter coñecemento do contido das resolucións e deixar constancia da notificación delas, advertindo que, en caso de non comparecer no prazo indicado, se considerarán notificadas cos efectos que lle correspondan.

As citadas resolucións poñen fin á vía administrativa e os/as interesados/as poderán interpoñer contra elas recurso de reposición ante o presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación, de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes, ou ben ser impugnadas directamente en vía contencioso-administrativa, de conformidade co artigo 25 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2013

Miguel A. Santos Rego
Presidente da Comisión Galega de Informes,
Avaliación, Certificación e Acreditación

ANEXO

Nome

Identificación

Expediente

Mª Belén López Meirama

32747498Y

2/1-12-D

Consuelo Ferreiro Regueiro

35311758L

92/1-12-D

Fernando Comesaña Benavides

36081189P

99/1-12-D

Mª Concepción Paz Penín

32659496W

120/1-12-D