Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Mércores, 19 de xuño de 2013 Páx. 23742

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ribeira

EDICTO (1995/2012).

Inmaculada Pulido Domínguez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 (VSM) de Ribeira, dou fe e certifico que nos autos de xuízo de faltas seguidos ante este xulgado co nº 1995/2012 recaeu sentenza cuxo encabezado e ditame é do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Ribeira, 3 de abril de 2013.

Vistos por María Cristina Fernández Fernández, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 dos desta cidade, en xuízo oral e público, os autos rexistrados como xuízo de faltas nº 1995/2012, seguidos por instancia de Brayam Hernán Arce Marín, como denunciante, por presunta falta de estafa, contra Marcos Dávila Vidal, como denunciado, e con intervención do Ministerio Fiscal, procédese, en nome do rei, a ditar a presente sentenza en virtude dos seguintes:

Fallo que debo absolver e absolvo a Marcos Dávila Vidal dos feitos polos que se segue o presente procedemento.

Decláranse as custas de oficio.

A presente resolución non é firme e contra ela poderá interpoñerse recurso de apelación en ambos os efectos no prazo de 5 días a partir da notificación desta neste xulgado.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Así, por esta a miña sentenza, da que se levará certificación nas actuacións, pronúncioo, mándoo e asínoo».

O preinserido concorda co seu orixinal ao cal, pola súa maior extensión, me remito.

E para que conste e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma ao denunciado Marcos Davila Vidal, expido e asino este edicto.

Ribeira, 31 de maio de 2013

A secretaria xudicial