Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Mércores, 19 de xuño de 2013 Páx. 23740

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 da Estrada

EDICTO (46/2011).

Carmen Santos Cabaleiro, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 da Estrada, polo presente, anuncio que no presente procedemento seguido por instancia de Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A. fronte a José Manuel Rivas Fraga, Galega de Vernizados e Marcos Manuel Illodo Fernández, ditouse sentenza, que se transcribe na súa parte necesaria e é do teor literal seguinte:

«Encabezamento: xuízo ordinario 46/2011.

A Estrada, 13 de novembro de 2012.

Carmen Miranda Vieites, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 da Estrada e o seu partido, despois de ver os presentes autos de xuízo ordinario 46/2011, nos cales se exerce acción de reclamación de cantidade por incumprimento contractual derivado de arrendamento mobiliario-leasing, interposta pola procuradora Raquel Puente Fernández, en nome e representación de Finanzia Banco de Crédito, S.A. (Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A., entidade sucesora de Finanzia Banco de Crédito, S.A.), defendida polo letrado Carlos Baltar Pombo, fronte a Galega de Vernizados, S.L., José Manuel Rivas Fraga e Marcos Manuel Illodo Fernández, representado por Cayetana Marín Couceiro e defendido polo letrado Fernando Vicente Mosteiro, ditou, en nome de S.M. o rei, a seguinte:

Decido que debo estimar y estimo a demanda interposta pola procuradora Raquel Puente Fernández, en nome e representación da entidade Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A., fronte aos codemandados Galega de Vernizados, S.L., José Manuel Rivas Fraga e Marcos Manuel Illodo Fernández, representado por Cayetana Marín Couceiro e defendido polo letrado Fernando Vicente Mosteiro.

En consecuencia, condeno a Galega de Vernizados, S.L., José Manuel Rivas Fraga e Marcos Manuel Illodo Fernández, a satisfacer de forma solidaria á entidade Banco Bilbao Vizcaya, S.A., a cantidade de oitenta e cinco mil novecentos cincuenta e nove euros con noventa e cinco céntimos (85.959,95 euros), máis os xuros conforme o disposto no fundamento xurídico quinto.

Impóñense as custas de conformidade co establecido no fundamento xurídico sexto.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Modo de impugnación. A presente resolución non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días ante este mesmo xulgado.

Así o acorda, manda e asina Carmen Miranda Vieites, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 da Estrada e o seu partido».

E encontrándose os devanditos demandados, José Manuel Rivas Fraga e a entidade Galega de Vernizados, en rebeldía procesual e paradoiro descoñecido, expídese, asínase e sélase o presente, co fin de que lles sirva de notificación en forma.

A Estrada, 15 de novembro de 2012

A secretaria xudicial