Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Mércores, 19 de xuño de 2013 Páx. 23737

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (80/2011).

Tipo e nº de recurso: recurso suplicación 80/2011-CON.

Xulgado de orixe/autos: demanda 278/2010 Xulgado do Social número 4 de Vigo.

Recorrente: Admón. Concurs. Sacos Ibéricos de Papel 2002, S.L.

Avogado: Henrique Fonterigo Quiñones.

Recorridos: Fogasa, Sacos Ibéricos de Papel 2002, S.L., Antonio López Granados.

María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 80/2011-CON desta sala, seguido por instancia de Antonio López Granados contra Fogasa, a empresa Sacos Ibéricos de Papel, 2002, S.L. e a Administración concursal, sobre reclamación de cantidade, se ditou a resolución seguinte:

«Estimamos o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da Administración concursal da entidade Sacos Ibéricos de Papel 2002, S.L. contra a sentenza ditada sobre cantidade polo Xulgado do Social número 4 de Vigo con data do 15.10.2010 por instancia de Antonio López Granados, revogando o pronunciamento de instancia, e ordenamos a reposición das actuacións ao momento anterior ao xuízo co fin de que se volva realizar con citación das partes.

Déase o destino legal aos depósitos e consignacións.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da seguridade social deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala aberta en Banesto co número 1552, debendo indicar no campo concepto, «Recurso» seguida do código «35 Social Casación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o código «35 Social Casación». Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se corresponden a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución contra a cal se recorreu, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da Oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que conste para efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Sacos Ibéricos de Papel 2002, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 30 de maio de 2013

A secretaria xudicial