Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Mércores, 19 de xuño de 2013 Páx. 23772

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2013 pola que se autoriza unha permuta de puntos de fondeadura entre as bateas de cultivos mariños C.R. IV e K. III.

Visto o expediente instruído para os efectos de outorgamento de autorización para a permuta de puntos de fondeadura entre bateas, apreciáronse os seguintes:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 2 de maio de 2013, Joaquín Outeiral Fernández, en representación de Mariscos Joyfra, S.L. (B-15259773), Beatriz Ozores Torrado e Benito Ojea Silva (33112217Z-33112004P) solicitan permiso para a permuta de puntos de fondeadura entre as bateas denominadas C.R. IV e K. III.

Segundo. Os interesados achegaron a documentación requirida para a tramitación neste tipo de procedementos.

Terceiro. No expediente constan os informes técnicos das bateas.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Orde do 18 de abril de 2001 pola que se regula o procedemento que rexerá a permuta de puntos de fondeadura e os cambios de sistema, localización e cultivo nos viveiros de cultivos mariños (DOG nº 83, do 30 de abril), e coa Resolución do 12 de abril de 2012 de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. O expediente tramitouse de conformidade co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21 de novembro).

Vistos os antecedentes citados e de acordo coas consideracións legais e técnicas, esta consellería resolve:

Outorgarlles a Mariscos Joyfra, S.L. (B-15259773), Beatriz Ozores Torrado e Benito Ojea Silva (33112217Z-33112004P) autorización para permuta de puntos de fondeadura entre as bateas que se indican:

Subtipo: batea.

Nome: C.R. IV.

Especies: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización: cuadrícula nº 49.

Polígono: C.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Titular: Mariscos Joyfra, S.L. (B-15259773).

Subtipo: batea.

Nome: K. III.

Especies: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización: cuadrícula nº 66.

Polígono: H.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Titulares: Beatriz Ozores Torrado e Benito Ojea Silva (33112217Z-33112004P).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Como consecuencia da permuta modifícanse as localizacións e vixencias dos títulos habilitantes, que quedan como se indica:

Subtipo: batea.

Nome: C.R. IV.

Localización: cuadrícula nº 66.

Polígono: H.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Subtipo: batea.

Nome: K. III.

Localización: cuadrícula nº 49.

Polígono: C.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Segunda. As bateas afectadas deberán adaptarse ás condicións dos polígonos de destino.

Terceira. A permuta realizarase no prazo máximo de 3 (tres) meses contados desde o día seguinte ao da notificación da presente resolución. Rematado o prazo indicado para a realización da permuta sen que esta se leve a cabo a autorización quedará sen efecto.

Cuarta. As datas de fondeadura deberán ser comunicadas con antelación suficiente, mediante escrito dirixido á xefatura correspondente desta consellería en Ribeira, para os efectos de que se realicen baixo a supervisión e o control de persoal técnico do Servizo de Protección dos Recursos.

Quinta. As bateas contarán coa pertinente autorización dos organismos competentes na materia para o traslado á nova localización.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 2 de maio de 2013

P.D. de sinatura (Resolución do 12 de abril de 2012)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe de Coordinación da Área do Mar da Coruña