Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Martes, 18 de xuño de 2013 Páx. 23462

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1117/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento seguridade social 1117/2010, seguido por instancia de "Ver PDF" contra a empresa Luis Manuel García Rodellino, Mutua Intercomarcal, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Vidrio Arte Coruña, S.L. e Instituto Nacional da Seguridade Social sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza: 313/2013.

Autos seguridade social 1117/2010.

A Coruña, 27 de maio de 2013.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver estes autos sobre seguridade social entre partes, dunha e como demandante, "Ver PDF", que comparece asistida do letrado Antonio Vázquez López, e doutra e como demandados, a empresa Luis Manuel García Rodellino, que non comparece, a Mutua Intercomarcal, representada pola letrada Mª del Mar Torres Guzmán, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, representados polo letrado Ángel González Quintas e Vidrio Arte Coruña, S.L., que non comparece.

Decido.

1. Que estimo a demanda formulada por "Ver PDF" fronte á Mutua Intercomarcal, e condénoa a lle aboar á parte demandante a cantidade de 8.978,26 euros por diferenzas na prestación de incapacidade temporal durante os meses de setembro de 2008 a setembro de 2009.

2. Desestímase a acción exercida contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Vidrio Arte Coruña, S.L. e Luis Manuel García Rodellino.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.

Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o dereito da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030 1846) a nome deste xulgado co número 1533 0000 36 1117 10, acreditando, mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións aberta en Banesto a nome deste xulgado, co nº 1533 0000 60 1117 10, a cantidade obxecto de condena ou formalizar aval bancario por esa cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalo a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e sirva de notificación ás empresas Luis Manuel García Rodellino e Vidrio Arte Coruña, S.L. expídese este edicto.

A Coruña, 29 de maio de 2013

O secretario xudicial