Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Martes, 18 de xuño de 2013 Páx. 23461

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (1153/2010).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1153/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Susana López Domínguez contra a empresa Vidrio Orense, S.L., o Fogasa, Trinidad Vidueira, S.L., Trinidad Vidueira Design, S.L., Flemig Moda, S.L., VDR Confec, S.L., VDR Punto, S.L., Vidrio Galicia, S.L., sobre ordinario, ditouse Resolución o 7 de maio de 2013, dirixida, entre outros, a Trinidad Vidueira, S.L., contra a que cabe interpoñer o oportuno recurso de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que sirva de notificación en legal forma a Trinidad Vidueira, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 27 de maio de 2013