Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Martes, 18 de xuño de 2013 Páx. 23460

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (329/2012).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 329/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Tito Moisés Morales Montañez contra a empresa Construcciones del Noroeste 2005, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse resolución o 22 de maio de 2013, dirixida á empresa Construcciones del Noroeste 2005, S.L., contra a que se pode interpoñer o oportuno recurso de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones del Noroeste 2005, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 22 de maio de 2013

A secretaria xudicial