Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Martes, 18 de xuño de 2013 Páx. 23458

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO (705/2012).

Ángel Gómez Santos, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, polo presente

Anuncio:

Neste procedemento JVB 705/2012, seguido por instancia de Nicolás Rodríguez Martínez fronte a Álvaro Cajal Sertal, Beatriz Eraso Rivas, ditouse sentenza do teor literal seguinte:

Sentenza número 96/2013.

Vigo, 2 de maio de 2013.

Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo verbal que co número 705/2012 se seguen por instancia de Nicolás Rodríguez Martín, representado pola procuradora Amparo González Martínez e defendido pola letrada Sonia Raviña Castiñeiras, contra Álvaro Cajal Sertal, declarado en situación de rebeldía procesual, e de Beatriz Eraso Rivas, representada polo procurador Manuel Lamoso Rey e defendida pola letrada Gabriela Lago, os cales teñen por obxecto unha pretensión de reclamación de rendas debidas dun contrato de alugamento de vivenda…

Ditame:

Estimo totalmente a demanda interposta por Nicolás Rodríguez Martín contra Álvaro Cajal Sertal e Beatriz Eraso Rivas, facendo, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos:

1º. Condeno a Álvaro Cajal Sertal e a Beatriz Eraso Rivas a aboarlle ao demandante, con carácter solidario, a cantidade de 6.085 euros, a cal reportará unha indemnización pola demora equivalente ao xuro legal do diñeiro, que contará desde a data da reclamación xudicial, que será o xuro legal, incrementado en dous puntos, contado desde a data da presente sentenza.

2º. Condeno a Álvaro Cajal Sertal e a Beatriz Eraso Rivas a pagar as custas procesuais.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, ás cales se lles fará saber que esta non é firme e que contra ela poderán interpor recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días.

Así o acordo, mando e asino.

E encontrándose o dito demandado, Álvaro Cajal Sertal, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 7 de maio de 2013

O secretario xudicial