Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Martes, 18 de xuño de 2013 Páx. 23464

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1092/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número PO 1092/2011 por instancia de José Alberto Ballesta Brandariz contra Esabe Vigilancia, sobre cantidade, nos cales no día 22 de maio de 2013 se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José Alberto Ballesta Brandariz contra Esabe Vigilancia, S.A. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Esabe Vigilancia, S.A., a que aboe ao demandante a cantidade de 739,60 euros, por salarios de agosto e setembro de 2012, así como compensación económica polas vacacións non desfrutadas, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer ningún recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Esabe Vigilancia, S.A., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado agás as que revistan forma de emprazamento, sentenzas e autos, expido e asino o presente.

A Coruña, 29 de maio de 2013

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial