Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Martes, 18 de xuño de 2013 Páx. 23469

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 31 de maio de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se comunica o acordo de iniciación do expediente sancionador E.S. 78/13, seguido a Instalaciones y Mejoras del Gas, S.L.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, e ao non ser posible a súa práctica, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria na Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar (Reclamacións), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento.

A Coruña, 31 de maio de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesada: Instalaciones y Mejoras del Gas, S.L.

CIF: B73735300.

Acto notificado: acordo de inicio de expediente sancionador.

Infracción: artigo 64.1 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.