Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Martes, 18 de xuño de 2013 Páx. 23470

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2013/30-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: LMT, CT e RBT Seixalbo.

Situación: Seixalbo-Ourense.

Características técnicas:

LMT subteránea a 20 kV, de 521 m con condutor RHZ1, con orixe na LMTS SCV809 desde o actual CT (32CA65) Seixalbo 2, que se vai suprimir, e remate en apoio proxectado, PAS, na LMTS SCV 809 dep. San Cibrao (32PR54) con entrada e saída no C.T. proxectado Seixalbo 2, prefabricado manobra exterior, de 400 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

RBT subterránea de 477 m con condutor XZ1 derivada do C.T proxectado Seixalbo, 2.

Orzamento: 195.145,00 euros.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Curros Enríquez, 1, 3º andar, 32003 Ourense, no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual.

É de significar que esta publicación se realiza igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notifiación, ou ben cando, intentada a notificación, non se puidese realizar, e deste xeito dirixir ao Ministerio Fiscal as diligencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Ourense, 15 de maio de 2013

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de propietarios bens e dereitos afectados

Expte. nº: 2013/30 Concello: Ourense Provincia: Ourense

LMT, CT e RBT Seixalbo.

Nº de predio: 2.

Paraxe: Muíño.

Cultivo: prado.

Nome e apelidos: Marco Antonio Rivo Rodríguez.

Enderezo: Atallo da Fonte, 32970 Seixalbo, Ourense.

Ocupación: CT.

Afeccións m2 sub.: 16.