Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Martes, 18 de xuño de 2013 Páx. 23476

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Val do Dubra (expediente IN407A 6/2009).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificación LMTS, CTC e RBT Taboada.

Situación: concello de Val do Dubra.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea a CT Bembibre Concello, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,224 km, coa orixe no paso aéreo-subterráneo proxectado no apoio nº 127-7 existente que se substituirá por un novo apoio da LMT NEG-803, onde actualmente se realiza o paso aéreo a subterráneo da LMT a CT San Lourenzo, nº 15, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1×240 Al), e final en cela de liña existente do CT Bembibre Concello, despois de realizar a entrada e a saída no CT San Lourenzo, nº 15.

Liña eléctrica de media tensión subterránea ao CT Taboada, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,337 km, con orixe en empalmes proxectados na LMTS NEG-803, no tramo entre o CT Bembibre Concello e o CT Arcai, 68, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1×240 Al) e final en cela de liña existente no CT Taboada proxectado.

Liña eléctrica de media tensión subterránea ao CT campo de fútbol, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,426 km, con orixe en cela de liña do CT Taboada proxectado, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1×240 Al) e final en empalmes proxectados na LMTS. NEG-803, no tramo entre o CT de intemperie Taboada que se vai retirar, e o CT campo de fútbol.

Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 400 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Saídas rede de baixa tensión subterránea, cunha lonxitude de 0,155 km, con orixe no CT Taboada proxectado, condutor tipo XZ1.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada na Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 21 de maio de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña