Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Martes, 18 de xuño de 2013 Páx. 23474

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 69/2013).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS, CT e RBT Vila da Area-Xuncal-As Covas Vilar.

Situación: concello de Ferrol.

Características técnicas:

– Liña de media tensión soterrada a CS Vila da Area, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,012 km, con orixe no paso aéreo-soterrado que se realizará na LMTA SMR-706 Base Naval 06, tramo entre o CT Tras do Outeiro (expediente 33988) e o CT Vila da Area (expediente 7506), en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1×240) Al, e final en cela de liña en CS Vila da Area proxectado.

– Liña de media tensión soterrada CS Vila da Area proxectado a LMT CT San Xurxo (expediente 30050), a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,022 km, con orixe en cela de liña en CS Vila da Area proxectado, en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1×240) Al, e final en paso aéreo-soterrado que se realizará na LMTA SMR-706 Base Naval 06, tramo entre o CT Vila da Area (expediente 7506) e o CT San Xurxo (expediente 30050).

– Liña de media tensión soterrada CS Vila da Area proxectado a CT Xuncal (proxectado), a 15/20 kV, cunha lonxitude de 2,886 km, con orixe en cela de liña en CS Vila da Area proxectado, en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1×240) Al, e final en cela de liña en CT Xuncal (proxectado).

– Liña de media tensión soterrada a CT Xuncal (proxectado) a LMT CT Os Corrás (expediente 29714), a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,114 km, con orixe en cela de liña en CT Xuncal proxectado, en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1×240) Al, e final en paso aéreo-soterrado a realizar na derivada a LMTA ao CT Os Corrás (expediente 29714).

– Liña de media tensión soterrada a CT Xuncal (proxectado) a CT As Cobas-Vilar (expediente 52371), a 15/20 kV, cunha lonxitude de 1,518 km, con orixe en cela de liña en CT Xuncal proxectado, en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1×240) Al, e final en cela de liña existente en CT As Covas-Vilar (expediente 52371).

– Liña de media tensión aérea a CT Os Corrás (expediente 29714), a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,147 km (para retensar), con orixe na LMTA SMR-706 Base Naval 06, tramo derivada ao CT Os Corrás (expediente 29714), en condutor LA-56/54,6 mm2 (van para retensar), e final no CT Os Corrás (expediente 29714).

– Liña de media tensión aérea a CT As Pozas a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,034 km (para retensar), con orixe na LMTA SMR-703 As Covas-Mandiá 23, tramo sentido ao CT As Pozas, en condutor RHVS-95 (van para retensar), e final no CTI As Pozas.

– Centro de seccionamento proxectado Vilar da Area 3L, manobra exterior.

– Centro de transformación intemperie Xuncal, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 21 de maio de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña