Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Martes, 18 de xuño de 2013 Páx. 23478

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello do Pino (expediente IN407A 2013/075).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Distribuidores Electricidad, S.A. (UDESA).

Domicilio social: rúa José Ángel Valente, 17, baixo, local 62, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: centro de seccionamento e Manobra Rabal.

Situación: concello do Pino.

Características técnicas:

Centro de seccionamento que se vai instalar no interior dunha nova caseta de obra civil, que será o punto de manobra das liñas Tarroeira-Medín (expediente IN407A 2004/068) e Eixo Cimadevila-Rabal (expediente IN407A 2009/303), composto de:

– Centro de seccionamento en caseta prefabricada de formigón composto polas seguintes 4 celas: unha cela de liña para a entrada da liña Tarroeira-Medín a CT Rabal de Abaixo, unha para a saída da liña Tarroeira-Medín a CT Bugalleira e outra para a saída da liña Eixo Cimadevila-Rabal a CT Rabal de Arriba , e unha cela de protección con transformadores de tensión para a alimentación dos servizos auxiliares.

Para realizar a conexión das liñas de media tensión existentes no centro de seccionamento e manobra Rabal proxectado, proxéctanse dous tramos de liña de media tensión soterrada, que son os seguintes:

– Liña de media tensión soterrada, a 20 kV, cunha lonxitude de 33 m, con conductor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no paso aerosubterráneo que se realizará no apoio existente s/n de tipo C-14/3000 da LMT Tarroeira-Medín, e final no paso aerosubterráneo que se realizará neste mesmo apoio, despois de realizar a entrada e a saída no centro de seccionamento Rabal proxectado.

– Liña de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 17 m con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1x240 mm2 Al, con orixe nunha das celas de liña que se instalará no centro de seccionamento Rabal proxectado, e final no paso aerosubterráneo que se realizará no apoio existente s/n de tipo C-14/3000 da LMT Eixo Cimadevila-Rabal, mesmo apoio onde se realizan os pasos aerosubterráneos da LMT Tarroeira-Rabal proxectados (coordenadas UTM, X: 554.370; Y:4.756.778), onde se instalará un reconectador existente en apoio.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 21 de maio de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña