Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Martes, 18 de xuño de 2013 Páx. 23487

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 4 de xuño de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, polo que se lle notifica a Gabinete de Innovación, S.L. a Resolución do 7 de maio de 2013, en relación co expediente de reintegro CEI-SX-2013/20.

Unha vez intentada a práctica da notificación con Gabinete de Innovación, S.L., a través do servizo de Correos, non foi posible realizala. Polo tanto, en aplicación do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), procede a notificación da resolución, cuxo contido se recolle sumariamente neste anuncio, por medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

O interesado poderá examinar a resolución completa no Servizo de Xestión Económica e Orzamentaria, encadrado na Vicesecretaría Xeral da Consellería de Economía e Industria, sito no Edificio Administrativo San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e de conformidade co establecido no artigo 37.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselle un prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución, para a consulta do expediente no enderezo arriba indicado, para que poida facer as alegacións e presentar os documentos e xustificantes que considere pertinentes na defensa dos seus intereses (trámite de audiencia).

De acordo co artigo 77.3 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o inicio do procedemento de reintegro interromperá o prazo de prescrición de que dispón a Administración para exixir o reintegro, de acordo co establecido no artigo 35 desta mesma lei que indica que prescribirá aos catro anos.

Así mesmo, infórmaselle de que, segundo o artigo 38.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento de reintegro será de doce meses desde a data do acordo de iniciación. O dito prazo poderá suspenderse e ampliarse de acordo co previsto nos números 5 e 6 do artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. De transcorrer o prazo para resolver sen que se notificase resolución expresa, producirase a caducidade do procedemento, sen prexuízo de continuar as actuacións ata a súa terminación e sen que se considere interrompida a prescrición polas actuacións realizadas ata a finalización do citado prazo.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2013

P.D. (Orde 30.4.2009, DOG nº 87)
José Alfonso Marnotes González
Vicesecretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria

Anexo

Persoa xurídica: Gabinete de Innovación, S.L.

CIF: B36892560.

Último enderezo coñecido: r/ Cesáreo González, 15 baixo, 36210 Vigo (Pontevedra).

Data de resolución: 7 de maio de 2013.

Asunto: expediente: CEI-SX-2013/20. Resolución pola que se acorda o inicio de expediente de reintegro por importe de 6.205,58 € e a revogación da subvención que lle foi concedida ao abeiro da Orde do 6 de xullo de 2010, pola que se establecen as bases reguladoras para o fomento da investigación e a innovación empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.