Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Martes, 18 de xuño de 2013 Páx. 23489

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2013, da Secretaría Xeral de Cultura, pola que se inscribe a asociación APVL Associação de Peregrinos Via Lusitana no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Feitos.

A asociación APVL Associação de Peregrinos Via Lusitana presenta unha solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago o día 13 de maio de 2013.

A solicitude foi presentada segundo o modelo que figura como anexo I do Decreto 45/2001, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago (DOG núm. 36, do 20 de febreiro), modificado polo Decreto 209/2002, do 13 de xuño (DOG núm. 121, do 25 de xuño), e con ela entregouse a documentación pertinente segundo o artigo 26 do citado decreto.

Fundamentos de dereito.

É de aplicación específica ao procedemento a seguinte normativa:

• Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

• Decreto 45/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago, modificado polo Decreto 209/2002, do 13 de xuño.

O artigo 23 deste último decreto regula que para a inscrición no rexistro, as entidades solicitantes deberán ter como finalidade, expresa e prioritariamente reflectida nos seus estatutos, a recuperación, conservación e promoción do Camiño de Santiago, así como a difusión da cultura derivada del.

O xefe do Servizo de Protección e Fomento da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural emite un informe o día 14 de maio de 2013 sobre a solicitude, no cal se constata que a asociación APVL Associação de Peregrinos Via Lusitana persegue os obxectivos fixados no decreto.

A solicitude presentada cumpre as normas establecidas no citado Decreto 45/2001, do 1 de febreiro. Por iso,

RESOLVO:

Que a asociación APVL Associação de Peregrinos Via Lusitana quede inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 201.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2013

Anxo Manuel Lorenzo Suárez
Secretario xeral de Cultura