Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Luns, 17 de xuño de 2013 Páx. 23383

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO das bases do XXXIX Certamen Literario do Concello de Vilalba.

O Concello de Vilalba, o 14.5.2013, aprobou as bases que rexerán a convocatoria do XXXIX Certame Literario do Concello de Vilalba para o 2013, resumidas en dous premios de 3.000 e 1.000 €, na modalidade de poesía en lingua galega. Os interesados en participaren no certame deberán dirixir os seus traballos ao Concello de Vilalba antes das 14.00 horas do día 19.7.2013, e poderán pedir as bases nas oficinas municipais directamente ou por correo.

Vilalba, 28 de maio de 2013

Gerardo Criado Guizán
Alcalde