Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Luns, 17 de xuño de 2013 Páx. 23384

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO polo que se fai pública a delegación do Concello da Cañiza na Deputación Provincial de Pontevedra para a xestión de diversos servizos.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 3 de maio de 2013, acordou por unanimidade aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que en materia de recursos locais realizou o Concello da Cañiza, por acordo do Pleno do 22 de febreiro de 2013, e seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobramento na Tesouraría do Concello.

A citada delegación será levada a cabo pola Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 15 de maio de 2013

Rafael Louzán Abal Carlos Cuadrado Romay
Presidente da Deputación Secretario da Deputación
Provincial de Pontevedra Provincial de Pontevedra