Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Luns, 17 de xuño de 2013 Páx. 23385

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO pola que se fai pública a delegación da entidade local menor de Bembrive na Deputación Provincial de Pontevedra para a xestión de diversos servizos.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 3 de maio de 2013, acordou, por unanimidade, aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que, en materia de recursos locais, realizou a entidade local menor de Bembrive, por acordo da Xunta Veciñal do 13 de marzo de 2013, e seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobro na Tesouraría da entidade.

A citada delegación será levada a cabo pola Deputación de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 20 de maio de 2013

Rafael Louzán Abal Carlos Cuadrado Romay
Presidente da Deputación Secretario da Deputación
Provincial de Pontevedra Provincial de Pontevedra