Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Luns, 17 de xuño de 2013 Páx. 23386

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO pola que se fai pública a delegación do Concello de Gondomar na Deputación Provincial de Pontevedra para a xestión de diversos servizos.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 3 de maio de 2013, acordou, por unanimidade, aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que, en materia de recursos locais, realizou o Concello de Gondomar, por acordo do Pleno do 15 de xaneiro de 2013, e seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de xestión tributaria da taxa polo servizo de recollida domiciliaria de lixo.

A citada delegación será levada a cabo pola Deputación de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 20 de maio de 2013

Rafael Louzán Abal Carlos Cuadrado Romay
Presidente da Deputación Secretario da Deputación
Provincial de Pontevedra Provincial de Pontevedra