Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Luns, 17 de xuño de 2013 Páx. 23382

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salvaterra de Miño

ANUNCIO de información pública sobre actividade de carnizaría-chacinaría na rúa de Galicia.

Enrique Luciano Carrera Estévez e María Josefa Carrera Estévez solicitaron licenza municipal para a actividade de carnizaría-chacinaría, que se situará na rúa de Galicia, nº 24, baixo 3, Salvaterra de Miño. De conformidade co establecido no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, ábrese un trámite de información pública mediante inserción de anuncio no BOP de Pontevedra, no DOG e no taboleiro de edictos do concello, polo período de vinte días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no último dos boletíns en que apareza, co fin de que durante este prazo poidan examinar o expediente na secretaría municipal todos aqueles interesados que se consideren afectados pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Salvaterra de Miño, 22 de maio de 2013

Arturo Grandal Vaqueiro
Alcalde