Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Luns, 17 de xuño de 2013 Páx. 23314

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se dispón a notificación dos acordos de iniciación de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos (LU-E 29/13 e sete máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícanselle ás persoas que a continuación se relacionan, ás cales non se lles puido facer por correo certificado, os acordos de iniciación ditados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos, cuxo número se cita no anexo.

Desígnase instrutora do expediente a María Engracia Gómez Dacal e secretario a José Luis Abelleira Fernández, que poderán ser recusados en calquera da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992.

O/a interesado/a disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, para poder examinar o expediente no Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior desta xefatura territorial, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas considere convenientes na defensa dos seus dereitos; poderá recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como o establece o artigo 13.d) do Reglamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, e determinarase para estos efectos o importe da sanción.

Será competente para a resolución do expediente o xefe territorial da Consellería de Vicepresidencia, Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza en Lugo, segundo o establecido na Orde do 26 de setembro de 1996 da citada consellería (DOG do 30.9.1996) e nos decretos 83/2009, do 21 de abril, e 245/2009, do 30 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das xefaturas da Xunta de Galicia (DOG nº 155, do 12 de agosto), e o Decreto 7/2011, do 20 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Vicepresidencia, Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Lugo, 3 de xuño de 2013

José Manuel Rozas Bello
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nome

DNI/NIF

Nº expediente

Precepto infrinxido

Último domicilio

Posible sanción

Francisca Álvarez Romero

34889278-A

LU-E 29/13

23.o) en relación co 26.e) da LO 1/1992

r/ Ramón Canosa, nº 23, 3º C, Viveiro

Ata 301 €

Café-bar A Coba Meiga

(Jesús Alberto Gómez Tenreiro)

76410222-J

LU-E 30/13

26.e) da LO 1/1992

r/ Almirante Chicarro, Viveiro

Ata 300 €

Manuel Jesús Fernández Pérez

76563176

LU-E 31/13

26.e) da LO 1/1992

r/ Pena 1, Chavín, Viveiro

Ata 150 €

Gabin. Viveiro, S.L.

(Mª Jesús Docal Parapar)

76569364

LU-E 32/13

26.e) da LO 1/1992

r/ Xunqueira, nº 4, 4º, Viveiro

Ata 90 €

Yanela Marte Pereira

X-4178286-Z

LU-E 38/13

26.e) da LO 1/1992

r/ Huertas, nº 20-2º, Monforte de Lemos

Ata 300 €

Abel Germán Martínez Rodríguez

34262543

LU-E 39/13

26.e) da LO 1/1992

r/ Duquesa de Alba, nº 12-14, Monforte de Lemos

Ata 90 €

Ana Ramona Javier Marte

53488574-G

LU-E 41/13

26.e) da LO 1/1992

r/ Duquesa de Alba, nº 45, baixo, Monforte de Lemos

Ata 300 €

Manuel Rodríguez Fernández

34637969

LU-E 53/13

26.e) da LO 1/1992

Paseo de Colón, nº 5, bloque 1, 5º F, Foz

Ata 150 €