Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Luns, 17 de xuño de 2013 Páx. 23316

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 57/2013).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS cambio de sección SMR-714 Bazán nº 2.

Situación: concello de Ferrol.

Características técnicas: liña de media tensión soterrada a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,482 km, con orixe en CR Porta Caranza (expediente 29.336) desde a nova cela de liña prevista no expediente 134/2012, en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 3(1×240) Al, e final en empalmes que se realizarán na LMTS, SMR-714 Bazán nº 2 no tramo sentido CT nº 9 Esteiro (expediente 186/1996).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 16 de maio de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña