Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Luns, 17 de xuño de 2013 Páx. 23317

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Laxe (expediente IN407A 56/2013).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: adecuación LMT, CT Finllido.

Situación: concello de Laxe.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada a CT Finllido, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,084 km, con orixe no paso aero-subterráneo que se realizará no apoio nº 88 existente da LMT CBA-804, no tramo entre o CT praia de Laxe (expediente 123/94) e a derivada ao CT Vila Amparo (expediente 97/97), en condutor RHZ1-2OL-12/20kV 3(1×95) Al e final no CT Finllido proxectado.

Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Saídas rede de baixa tensión soterrada, cunha lonxitude de 0,030 km, con orixe no CT Finllido proxectado, condutor XZ1.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 20 de maio de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña