Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Luns, 17 de xuño de 2013 Páx. 23342

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 27 de maio de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai público o acordo de inicio do procedemento de reintegro dunha axuda do programa de fomento da contratación de colectivos de desempregados con dificultades de inserción laboral, reguladas na Orde do 11 de abril de 2008 (Diario Oficial de Galicia núm. 80, do 25 de abril), relativa ao expediente TR345E 2008/1-1.

Intentada a notificación da dita resolución segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para que poida realizar as alegacións e presentar documentación que considere oportuna, no prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación.

Á vista das alegacións e da documentación achegada, ou transcorrido o prazo concedido para o efecto, ditarase a resolución que corresponda respecto ao reintegro da subvención concedida.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Salvador de Madariaga, nº 9, 1º, na Coruña, e a obter, se é o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 27 de maio de 2013

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: TR345E 2008/1-1.

Nome ou razón social: Mª Luisa Sánchez García.

DNI/NIF: 32358679W.

Último enderezo coñecido: avda. Ledoño, 79, 15189 Culleredo (A Coruña).

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: base décimo primeira do anexo A, punto 1, da orde de convocatoria.

Contido da resolución: iniciar o expediente declarativo da procedencia de reintegro.