Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Luns, 17 de xuño de 2013 Páx. 23344

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 23 de maio de 2013, da Xefatura Territorial de Vigo, para a publicación de notificacións de recursos de alzada devoltas polo servizo de Correos.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial e en virtude do disposto no artigo 61 e 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (de agora en diante LRXAP-PAC), ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día, coas resolucións dos recursos de alzada instados polos/as interesados/as, publícanse mediante este edicto as resolucións dos recursos interpostos, cos efectos que se sinalan ao pé do presente edicto.

Vigo, 23 de maio de 2013

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nome e apelidos: Guillermo Fernández Martínez.

DNI: 35437156-K.

Resolución: desestimación do recurso.

Efectos:

– Pon fin á vía administrativa de acordo co artigo 109 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento común.

– Poderá interpor recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa e no artigo 91 da Lei 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co artigo 46 da referida Lei 29/1998.

Nome e apelidos: Costica Deliu s/s.

NIE: X8073743F.

Resolución: inadmisión do recurso por extemporáneo.

Efectos:

– Pon fin á vía administrativa de acordo co artigo 109 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento común.

– Poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e no artigo 74 da Lei 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co artigo 46 da referida Lei 29/1998.