Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Venres, 14 de xuño de 2013 Páx. 23059

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO das bases e convocatoria do proceso selectivo para a cobertura dunha praza de tradutor neste concello.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 157, do 9 de xullo de 2008, publicáronse as bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda libre e en quenda de consolidación de emprego temporal.

Estas bases xerais foron modificadas por acordos da Xunta de Goberno Local e publicadas estas modificacións nos boletíns oficiais da provincia de Lugo número 051, do 4 de marzo de 2009, e número 033, do 8 de febreiro de 2013.

No Boletín Oficial de provincia de Lugo número 115, do 21 de maio de 2013, publicouse a resolución das bases específicas e convocatoria que rexerán, xunto coas anteriores bases xerais, o seguinte proceso selectivo:

Persoal funcionario (quenda des consolidación de emprego temporal):

– Resolución 13004535. 1 praza de tradutor/a, encadrada na escala de Administración especial; subescala técnica; clase media; grupo de titulación A, subgrupo A2. Sistema selectivo: concurso oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 22 de maio de 2013

José Clemente López Orozco
Alcalde