Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Venres, 14 de xuño de 2013 Páx. 23060

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Muxía

ANUNCIO de información pública sobre a ampliación do cemiterio parroquial da Grixa.

De acordo co establecido no Decreto 133/2008, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, publícase durante o prazo de vinte (20) días o expediente incoado polo Arcebispado de Santiago de Compostela, para a ampliación do cemiterio parroquial da Grixa, parroquia de Vilastose, de Muxía, co fin de que os interesados no expediente poidan presentar as alegacións que xulguen oportunas aos seus dereitos.

Muxía, 15 de maio de 2013

Félix Porto Serantes
Alcalde