Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Venres, 14 de xuño de 2013 Páx. 23061

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Verín

ANUNCIO de información pública sobre almacén de materiais de construción, administración, contabilidade e realización de corte, dobradura e preparación de ferralla para obras.

Neste concello tramítase o seguinte expediente sobre concesión de licenza municipal:

Solicitante: Cima Verín, S.L.

Actividade: almacén de materiais de construción, administración, contabilidade e realización de corte, dobradura e preparación de ferralla para obras.

Localización: ES/Ourense (N-525), p.q. 170,4 (Pazos).

En cumprimento do disposto no artigo 8.3. do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, co fin de que as persoas que se consideren afectadas poidan examinar o expediente, no Servizo de Urbanismo do concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

O expediente está ao público no Servizo de Urbanismo deste concello das 9.00 ás 14.00 horas.

Verín, 27 de maio de 2013

Juan Manuel Jiménez Morán
Alcalde