Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Venres, 14 de xuño de 2013 Páx. 23058

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO de información pública sobre apertura de escola de música (expediente 2010/AP006/000015).

Diego Maceiras Pedreira solicitou licenza de apertura de Escola de Música Bellón-Maceiras, S.C. na rúa Antonia Montero, 11, baixo. De conformidade co Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte días hábiles, que comezará a contar desde a última das publicacións deste anuncio no BOP e no DOG, para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan formular por escrito as reclamacións que consideren pertinentes. O correspondente expediente 2010/AP006/000015 pode consultarse no Departamento de Urbanismo deste concello en horario de oficina.

O que traslado para xeral coñecemento.

Fene, 30 de abril de 2013

Gumersindo Pedro Galego Feal
Alcalde