Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Venres, 14 de xuño de 2013 Páx. 22973

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

CORRECCIÓN de erros. Orde do 24 de maio de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a utilización de servizos de asesoramento por persoas titulares de explotacións agrarias cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2013.

Advertido erro na Orde do 24 de maio de 2013, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 105, do 4 de xuño, cómpre facer as seguintes correccións:

Primeira. Na páxina 20266, no número 6 do artigo 3, onde di: «A axuda resultante da aplicación dos números 5 e 6...», debe dicir: «A axuda resultante da aplicación dos números 4 e 5...». 

Segunda. Na páxina 20280, no anexo II elimínase o texto «Certificación da entidade que presta os servizos, para o cómputo do incremento na axuda referido no artigo 3.7 das bases (se procede)».

Terceira. Engádese o anexo VII, a que se fai referencia nas ditas bases reguladoras.

ANEXO VII
Actuacións do servizo de asesoramento

Actuación

Custos unitarios máximos (€/h)

Acción formativa

15

Consulta en oficina (incluíndo a realización da correspondente acta/parte)

30

Consulta telefónica

30

Caderno de explotación

45

Elaboración de informe técnico

45

Realización dunha análise co correspondente informe interpretativo

50 €/análise

Visita á explotación (incluíndo desprazamento, elaboración da acta/parte de visita...)

55