Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Venres, 14 de xuño de 2013 Páx. 22999

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Mesía (expediente IN407A 2013/62).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: UDESA.

Domicilio social: r/ José Ángel Valente, nº 17, local 62, Santiago de Compostela.

Denominación: centro de seccionamento e manobra Beledo.

Situación: Mesía.

Características técnicas:

Tramo LMT aérea Fondeira Fieiteira-Xanceda.

Inicio liña (UTM): apoio nº 88 existente de tipo C-16/3000 da LMT Visantoña-Frades-Papucín-Visantoña (expediente 234/2001) (UTM: 562.452; 4.769.262).

Final de liña (UTM): apoio nº 88/2 proxectado tipo HV-13/1600 da LMT Fondeira-Fieiteira-Xanceda (expediente 185/1999) que substitúe ao apoio existente de tipo HV 13/630 (UTM: 562.622; 4.769.255).

Pasos aerosubterráneos MT.

Tensión de servizo: 15 kV.

Tensión nominal: 20 kV.

Tipo: tres pasos areosubterráneos que se realizarán no apoio nº 88 existente de tipo C-16/3000 da LMT Visantoña-Frades-Papucín-Visantoña (expediente 234/2001), mesmo apoio de onde parte o novo tramo da liña Fondeira-Fieiteira-Xanceda (expediente 185/1999) (UTM: 562.452; 4.769.262).

Tramo LMT subterránea Visantoña-Frades-Papucín-Visantoña.

Inicio liña (UTM): paso aerosubterráneo proxectado que se realizará no apoio nº 88 existente de tipo C16/3000 da LMT Visantoña-Frades-Papucín-Visantoña (expediente 234/2001) (UTM: 562.452; 4.769.262).

Final liña (UTM): paso aerosubterráneo proxectado que se realizará no mesmo apoio nº 88 existente de tipo C-16/3000 da LMT Visantoña-Frades-Papucín-Visantoña (expediente 234/2001), despois de realizar entrada e saída no centro de seccionamento Beledo proxectado (UTM: 562.452; 4.769.262).

Lonxitude: 52 m.

Categoría: terceira.

Condutor: RHZ-2 OL-12/20 kV-3 (1×240 Al).

Tensión de servizo: 15 kV.

Tensión nominal: 20 kV.

Tramo LMT subterránea Fondeira-Fieiteira-Xanceda.

Inicio liña (UTM): cela de liña que se instalará no centro de seccionamento Beledo proxectado (UTM: 562.454; 4.469.254).

Final liña (UTM): paso aerosubterráneo proxectado que se realizará no apoio nº 88 existente de tipo C-16/3000 da LMT Visantoña-Frades-Papucín-Visantoña (expediente 234/2001) (UTM: 562.452; 4.769.262).

Lonxitude: 23 m.

Categoría: terceira.

Condutor: RHZ1-2-OL-12/20 KV-3 (1×240 Al).

Tensión de servizo: 15 kV.

Tensión nominal: 20 kV.

Centro de seccionamento e manobra Beledo.

Tipo: edificio de seccionamento en caseta de obra civil.

Aparamenta MT: celas con illamento en SF6.

Esquema do centro: 3L.

Tensión de servizo: 15 kV.

Tensión nominal: 20 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 20 de maio de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña