Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Venres, 14 de xuño de 2013 Páx. 22998

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 24 de maio de 2013 polo que se lle notifica a Prisma Management and Consulting Group, S.A. a Resolución do 12 abril de 2013, relativa ao procedemento de reintegro da subvención concedida ao abeiro da Orde do 19 de febreiro pola que se establecen as bases reguladoras e condicións do réxime de concesións para a súa adhesión e mantemento nun sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais (EMAS) (expediente 1/2012).

Intentada a notificación, no último domicilio coñecido, a Prisma Management & Consultoría Group, S.A. (NIF A63644978) do Acordo do 14 de novembro de 2012 de inicio do procedemento de reintegro da subvención concedida á devandita empresa con data do 10 de xullo de 2007, non foi posible realizala. Polo tanto, en aplicación do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procédese á notificación da devandita resolución no DOG do 27 de decembro de 2012 (DOG nº 246) e no taboleiro de anuncios do Concello de Teo entre o 30 de xaneiro de 2013 e o 18 de febreiro de 2013. Dado que non se efectuaron alegacións nos prazos concedidos ditouse resolución de reintegro nos mesmos termos recollidos no acordo de inicio.

Os representantes da persoa xurídica interesada poderán examinar o expediente completo na Subdirección Xeral de Coordinación Ambiental, situada en San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra a resolución ditada, que pon fin a vía administrativa, procede a interposición de recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa nos termos do artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Con carácter previo e potestativo, poderá interpoñerse recurso de reposición desde o día seguinte ao da súa notificación, nos termos dos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2013

P.D. (Orde do 15 de marzo de 2012)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas