Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Venres, 14 de xuño de 2013 Páx. 23002

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (S.N. de CC.OO. de Galicia).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral se presentou certificación da acta do Consello Nacional do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (S.N. de CC.OO. de Galicia), expedida polo seu secretario de actas, Juan Martínez García, e avalada co visto e prace do secretario xeral, Xosé Manuel Sánchez Aguión, onde se recolle a modificación do artigo 15.a), que consiste no cambio de denominación da Federación de Actividades Diversas (AA.DD.), que pasa a denominarse Federación de Servizos Privados.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social